Centro de acollida de O Carballiño

    

Situado en A Medela, no recinto do antigo Punto Limpo, é o de máis capacidade. Foi construído polo concello de O Carballiño, que o xestionou ata febreiro de 2013, momento en que pasou a ser competencia da Deputación de Ourense.

As instalacións, moi amplas, foron desde entón ampliadas e melloradas. A día de hoxe as gaiolas, de diferentes capacidades, ocupan unha superficie total de máis de 1.400 metros cadrados, ademais doutros 1.000 metros cadrados distribuídos en 3 patios de exercicio, o que o fai capaz de albergar sen problemas máis de 200 animais, se ben, ata a data, nunca se alcanzou esa cifra. Dispón dunha completa sala de curas na que se realizan ademais pequenas intervencións cirúrxicas.

 A Medela

 626 602 021

 N42º 27' 25" W8º 6' 23"

Back to top