Cómo adoptar animais

 ¿Quén pode adoptar?

Calquera persoa maior de idade que non fose condenado nin imputado en ningún procedemento relacionado con maltrato animal e asuma por escrito a obriga dunha propiedade responsable.

 ¿Cómo elixir o animal?

Visitando un dos centros de acollida en horario de 11:00 a 13:00. Fóra dese horario, tamén é posible, concertando a visita por teléfono. Facendo uso do buscador entre os animais dispoñibles nos diferentes centros.

 ¿Cal é o procedemento a seguir?

Solicite a reserva do animal, unha vez que o teña elixido.

Procurarémoslle información e entregarémoslle o animal tan pronto como sexa posible.

 ¿En qué condicións recibirei o animal?

Todos os animais se entregan identificados, co microchip implantado e tramitada a solicitude de rexistro a nome do adoptante. Este procedemento é facilitado pola Rede e non supón ningún custo adicional.

Todos os animais se entregan desparasitados e, cando o servizo veterinario o considere oportuno, vacinados. Se o animal tivese algunha enfermidade, padecemento ou vicio coñecido, faráselle saber ao adoptante.

Desde o mesmo momento de formalizar a adopción, o novo titular é propietario do animal a todos os efectos.

Back to top