Os Centros de Acollida

A Rede Provincial de Centros de Acollida de animais abandonados de Ourense presta os seus servizos en colaboración cos concellos da provincia que delegaron na Deputación Provincial esta competencia. Os animais recollidos son albergados nos catro centros de acollida neste momento dispoñibles:

O Carballiño   ·   Xinzo de Limia   ·   A Baixa Limia   ·   Valdeorras

A procura dun futuro mellor para os animais recollidos debe ser unha tarefa colectiva na que ti tamén podes participar adoptando un destes animais. Animámoste a coñecelos e coñecernos. Ben seguro que atoparás entre eles o compañeiro máis leal que podes imaxinar.

A adopción de cans é a mellor forma de darlles unha segunda oportunidade. Queremos axudar aos cans abandonados a encontrar un novo fogar.
Back to top