Servizos

 Recollida de animais abandonados

  • A recollida dos animais abandonados (“aqueles que vagan libremente e durante varios días, sen que se coñeza o seu propietario”)  é competencia dos concellos. A Rede Provincial de centros de acollida foi creada para xestionar este servizo naqueles concellos (ver lista) que delegan na Deputación, por convenio, esta competencia.
  • Os animais son recollidos en orixe e trasladados a un dos centros de acollida. Nos casos en que é posible a localización do propietario (animais rexistrados), a devolución faise coa maior brevidade. Noutro caso, os animais son ingresados nun centro.
  • No caso de que non aparecese o propietario no prazo legal (lei 1/93 de protección de animais domésticos) de 20 días hábiles trala súa recollida, os animais pasan a ser propiedade da Rede Provincial e a estar dispoñibles para a súa adopción.
  • Durante a súa estadía no centro, todos os animais reciben tratamento antiparasitario e atención veterinaria cando a precisen. Non se realizan sacrificios de animais, agás eutanasia por estritos motivos humanitarios e sempre por prescrición facultativa.
  • Se vostede atopa un animal abandonado, fáganolo saber chamando a un dos teléfonos de contacto ou ao concello que corresponda.
  • Por favor, teña en conta que un animal solto non é necesariamente abandonado. Antes de chamar asegúrese de que non pertence a un veciño da zona.

 

 Entrega de animais

  • Aínda que só é recomendable como última saída (é preferible atopar outra persoa que se faga cargo del) calquera propietario que non poida atender a súa mascota pode entregalo á Rede Provincial. É condición indispensable renunciar á propiedade do animal para que poida poñerse en adopción inmediatamente.
  • Para facer entrega dun animal, pode facelo directamente nun dos centros ou contactar cun dos teléfonos de contacto. Deberá abonar a taxa estipulada na Ordenanza

 

 Adopción de animais residentes

  • O fin de todos os animais abandonados debe ser a súa reubicación mediante a adopción.
  • Estamos seguros de que encontrará entre os nosos animais o compañeiro leal que anda buscando. Adoptando aseguraralle un futuro mellor a un animal e contribuirá á sustentabilidade e ao mellor funcionamento da rede de centros de acollida
Back to top