A mellor forma de apoiar aos nosos animais

mascotas

Rede Provincial de Centros

A Rede Provincial de Centros de Acollida de animais abandonados de Ourense presta os seus servizos en colaboración cos concellos da provincia que delegaron na Deputación Provincial esta competencia.

Servizos

O que ofrecemos

Servizos de Calidade

A procura dun futuro mellor para os animais recollidos debe ser unha tarefa colectiva na que ti tamén podes participar adoptando un destes animais. Animámoste a coñecelos e coñecernos. Ben seguro que atoparás entre eles o compañeiro máis leal que podes imaxinar.

A adopción de cans é a mellor forma de darlles unha segunda oportunidade. Queremos axudar aos cans abandoados a encontrar un novo fogar.

Image

Cómo adoptar animais

¿Quén pode adoptar?

Calquera persoa maior de idade que non fose condenado nin imputado en ningún procedemento relacionado con maltrato animal e asuma por escrito a obriga dunha propiedade responsable.

¿Cómo elixir o animal?

Visitando un dos centros de acollida en horario de 11:00 a 13:00. Fóra dese horario, tamén é posible, concertando a visita por teléfono. Facendo uso do buscador entre os animais dispoñibles nos diferentes centros.

Perros
¿Cal é o procedemento a seguir?

Solicite a reserva do animal, unha vez que o teña elixido. Procurarémoslle información e entregarémoslle o animal tan pronto como sexa posible.

¿En qué condicións recibirei o animal?

Todos os animais se entregan identificados, co microchip implantado e tramitada a solicitude de rexistro a nome do adoptante. Este procedemento é facilitado pola Rede e non supón ningún custo adicional. Todos os animais se entregan desparasitados e, cando o servizo veterinario o considere oportuno, vacinados. Se o animal tivese algunha enfermidade, padecemento ou vicio coñecido, faráselle saber ao adoptante. Desde o mesmo momento de formalizar a adopción, o novo titular é propietario do animal a todos os efectos.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a mellorar o sitio web e tamén a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir o uso de cookies. Teña en conta que se os rexeita, é posible que non poida utilizar todas as funcións do sitio web.